UNA PALABRA, NO DICE NADA Y AL MISMO TIEMPO ESCONDE TODO, UNA MIRADA, NO DICE NADA Y AL MISMO TIEMPO LO MUESTRA TODO

otras paginas

viernes, 6 de junio de 2008

UNHA XORNADA NO CONGRESO

O pasado 4 de Xunio, un pequeno grupo de socialistas fomos pasar unha xornada no Congreso dos Diputados, convidados polo Diputado Alberto Fidalgo.


Unha vez en Madrid e logo de tomar uns "refrigerios" e acompañados do noso anfitrión Alberto fomos vendo as distintas dependencias, sendo unha das que máis chamou a nosa atención, o salon "de los pasos perdidos " cheiño de cousas bonitas e rodeado de un gran luxo, logo o salon da "Reina Isabel II" presidido pola sua esfinxe, e coma non estivemos no "Hemiciclo" que por certo e mais pequeno do que parece na tele, despois de ver a outras dependencias todas elas moi interesantes fixemos un "coffe breack" pra que Alberto poidera asistir a unha reunión da comisión, e quedamos "libres" pra facer unha visita a Praza Maior ( coma fan os de provincias cando van a Madrid )
Neste intre que estabamos a volver o Congreso pra ter unha comida de traballo, a nosa compañeira Maria Belen veu e asaltou o Secretario de Organización Pepe Blanco, na metade da rúa, pidindolle unha fotografia con nos, o que un xeito sinxelo aceptou cunha sorrisa.

A comida de traballo foi moi distendida e instructiva polas explicacións do traballo que se esta a realizar. Hay que destacar que Alberto Fidalgo e o Portavoz da Comisión de Sanidad y Consumo, asi como Vogal da Comisión de Ciencia e Innovación e Vogal da Comisión Mixta para el estudio del problema de las Drogas, polo que ten que estar en Madrid de Luns a venres.


Pola tarde a partires das catro asistimos a un pleno de " Control de la acción del Gobierno " nas que houbo varias intervencións, entre outros do Presidente de Goberno Rodriguez Zapatero, Rubalcaba, e outros ministros, ademais de unha intervención do Sr. Rajoy que por certo foi moi baisiña, non vaia ser que no vindeiro congreso dos do PP no no elixan

E logo de volta pra casa, de volta pra Ourense. Estivemos a pasar un dia memorable deses que non se esquecen, Maria, Flora, Carmen, Ana Belen, Andres, gracias pola vosa compaña. Agora temos que pensar no traballo das autonomicas e facer unha visita a Santiago

1 comentario:

María dijo...

A xornada no Congreso foi unha aventura que comenzou uns dias antes do 9 de Marzo e ,pouco a pouco fíxose realidade. Pola miña parte direi que os compañeiros da viaxe foron os mellores; o principio apuntouse moita xente pero a medida que se achegaba o dia , poucos, ou millor aínda, os mellores fomos os elexidos.Quérolle dar as gracias a Alberto e espero ir o Senado co mesmo quinteto do......