sábado, 31 de mayo de 2008
LA ANECDOTA DEL PASTOR
Pois si, segun contaronme, un pastor de ovellas foi visitado por un home xove de non mais de 30 anos, que viña o volante dun to-terreo 4 x 4 NAVIGATOR "FULL-EQUIP" deses que levan o "GPS" po-rriba do volante, presentouse de "punta en blanco" traxe negro, un "polo" negro tipo deses de "HUGO BOSS" os zapatos "DKNY", que tamen o pastor fixouse en todo he!
Acercouselle a Pastorciño, e dille : " señor si le adivino cuantas ovejas tiene usted en su rebaño ¿ me regala una ?
habia que pensar co tipiño do traxe negro e o "NAVIGATOR" debia estar facendo practicas !! senon non se explica
O pastorciño ¡ bastante sorprendido ! disolle ...... home claro que si .. oh
Enton o xoven foi cara o "NAVIGATOR" 4 X 4 , e saca do maleteiro un ordeador portatil deses pequenos, un "TOSHIBA TECRA 9000" pentiun IV a 2,4 Gz. e con 512 MB de memoria RAM desas............ ¡¡moito fixabase o pastor nos aparellos!! ( dixome despois a min ca el os aparellos electricos gostabanlle moito)
O xoven conectouse a RED de redes da internete esa via satelite, e baixou unha base de datos de 300 MB. entra nunha paxina da NASA, mediante a disposicion do satelite e do GPS do 4 x 4 encontra o sitio onde esta o rebaño de ovellas, e dille a pastorciño que esta a calcular o tamaño medio historico dunha ovella tipo "MERINO" mediante unha folla EXCEL dinamica con unhas "MACROS " personalizadas en " VISUAL BASIC " completando asi un diagrama de fluxo.
Oes mira o pastorciño non lle cabian os ollos na cara ................. que ben falaba o rapaz dixo
Despois duns vinte minutos o xove dille o pastorciño: " usted tiene en el rebaño 1350 ovejas, 259 son machos 1091 son hembras y cuatro estan preñadas "
Fixose un silencio que as ovellas nin balaban e os paxaros nin piaban ...... Pois si e certo dixolle o pastorciño ....... podes levar unha ovella
vai o xove colle un animal daqueles a vaise de cara o 4 x 4 sonrrindo, entra no "NAVIGATOR" escomenza a escribir nun talonario pra emitir unha factura, e logo encende o motor .... e nesto dille o pastorciño .....: Oes e se eu sei onde traballas devolvesme o animal ...... con unha sorrisa de orella a orella o xove dille: "Hombre claro puede usted intentarlo" mentres pechaba a porta de 4 x 4 pra marchar.
O pastorciño dille : Vostede traballa pra o Partido Popular
O xove totalmente sorprendido e batendolle a mandibula inferior na ventanilla da porta do 4 x 4 acertou a decir : "Pues si .... si señor, como la ha sabido"
E dille o pastorciño : home seino por 4 razoes , primeiro pola pinta de fillo que ten, segundo veu sin que naide lle chamase, terceiro estame a cobrar por algo que xa sabia, e cuarta notase que non ten idea do negocio, pois estase a levar o meu can en vez dunha ovella
Estes tipiños da cidade non saben o que se coce no pobo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario