O pasado martes o boss do PEPE envió uns personaxes de película de cine negro ( tamén se coñecen coma matones) cunha pinta de homes de negro tipo “Caiga quien Caiga” todos eles con gafas negras ( de marcas pouco coñecidas) por riba dos ollos a Calvos para rexeitar a democracia que o pobo elexira. Un “meniño” mal criado que quere ser alcalde de Calvos pola forza , mercouno o que se cree o boss da provincia, e que está a facer o que lle gusta, chanchullos, e mais chanchullos para poder manter o seu poder, este “meniño” xunto con catro descerebrados, ( non tiñan posta a gorra nin nada) acompañados duns “ amigos grandes e guapos” según dixo unha compañeira do grupo do PEPE , que agora se chaman “ non asignados” ( pero si dirixidos ).
Estes armarios con patas e sen cerebro quixeron pola forza entrar na casa consistorial batendolle a toda a xente que estaba na porta querendo entrar, para asistir o Pleno, onde se trataría unha mocion de censura contra o Alcalde Aquilino, elixido democráticamente pola maioría do pobo, asi dese xeito bateronlle a unha rapaza e saltaronlle un dente, a outro veciño fixeronlle un corte na man ( parece que foi unha navalla ) e o noso compañeiro Osorio bateronlle na boca cortandolle o labio, todas estas lindezas fanas eses do PEPE que alardean de Democraticos
No hay comentarios:
Publicar un comentario