UNA PALABRA, NO DICE NADA Y AL MISMO TIEMPO ESCONDE TODO, UNA MIRADA, NO DICE NADA Y AL MISMO TIEMPO LO MUESTRA TODO

otras paginas

martes, 13 de mayo de 2008




Marga Martin Concelleira de Benestar Social do Concello de Ourense fai posible a organización da I Semana adicada ós maiores, que se desenvolverá do día 26 ó 30 de maio.

Os nosos maiores están a amosar un crecente interese por aproveita-lo seu tempo libre como oportunidade de esparcimento, o que lles permite iniciarse nun novo período de desenvolvemento persoal. Por isto, a Concellería de Benestar Social quere ofrecerlles unha semana chea de actividades de animación, culturais, formativas e de ocio que contribúan a elo, e veñan potenciar o desenvolvemento persoal ó tempo que sirvan para que as persoas poidan expresarse e comunicarse cada vez máis cos seus semellantes e co seu entorno.

Tódolos interesados poden recibir máis información na Concellería de Benestar Social, na rúa Bispo Carrascosa, número 14, teléfono 988 388137. Tódalas actividades son gratuítas, agás a comida, que ten un custe de 9 euros. Neste caso, os interesados en participar deberán retirar a súa entrada na Concellería antes do día 27 de maio.


No hay comentarios: