UNA PALABRA, NO DICE NADA Y AL MISMO TIEMPO ESCONDE TODO, UNA MIRADA, NO DICE NADA Y AL MISMO TIEMPO LO MUESTRA TODO

otras paginas

miércoles, 2 de julio de 2008

UN PAIS PLURAL


A Secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, dixo que “os socialistas galegos respaldan a iniciativa da Internacional de Asociacións LGTB, ILGA, de proclamar o 17 de maio como Día Mundial contra a Homofobia e a Transfobia e impulsar o recoñecemento internacional deste día”. Ademais, Seara aproveita para denunciar que “aínda en máis de 80 países en todo o mundo condenan as relacións entre persoas do mesmo sexo ou impiden o dereito á identidade de xénero

Laura Seara, cre que “a cidadanía ten sido a protagonista dos cambios que fixeron de España un país máis plural, pero aínda é necesario seguir traballando pola educación en igualdade e para a convivencia. O PSOE quere contribuír a ese obxectivo a través dunha educación para a cidadanía que promova o respecto pola diversidade e as distintas formas de familia, impulsando políticas de integración e de loita contra a exclusión para que ningunha realidade social quede fora do benestar e o progreso, apostando polo recoñecemento e reparación para todas as persoas perseguidas durante a dictadura franquista, e protexendo o dereito á saude das persoas que viven co VIH”.

Os socialistas instan ao PP a que retire o recurso de inconstitucionalidade interposto ante o Tribunal Constitucional contra a Lei de Matrimonios Homosexuais. Hai 10.000 parellas no estado que se acolleron a este dereito sen que rachara a familia, tal e como vaticinaba o PP

No hay comentarios: